Monday 13 de May de 2024

Os nenos dos campamentos do Verán Cultural coñecen o Consistorio


Uns 120 nenos pertencentes aos distintos campamentos do Verán Cultural de Riveira tiveron ocasión esta mañá de coñecer a Casa do Concello.

Alí puideron ver de primeira man como é o funcionamento de novas dependencias como a Oficina de Atención Cidadá ademais de reunirse co alcalde no salón de plenos, quen se interesou por todo o que levan aprendido nesta iniciativa que procura fomentar a educación dos pequenos coa conciliación da vida familiar e laboral dos seus pais.

Os rapaces foron agasallados cunhas chucherías nun acto que concluíu cunha foto de familia nos soportais do Consistorio.